
'Só o silencio me responde' Anna Akhamátova (Bagaxe de Peto. Rinoceronte Editora. 2008)
A sinceridade e a forza duns textos formados ao redor do compromiso cun mesmo, con canto nos rodea e paga a pena. Unha escrita madura, lonxe daquela máis libiá á que nos ten afeitos a poesía deste século.
Sirva de exemplo este poema:
CORAXE
Sabemos o que hai hoxe na balanza
e o que está acontecendo.
A hora da coraxe tocounos no reloxo,
e a coraxe non nos abandonará.
Non dá medo caermos mortos baixo as balas,
non é amargo quedarnos sen teito.
Pero nós gardarémoste, lingua rusa,
magno verbo ruso.
Levarémoste a través de todo, puro e ceibe,
confiarémoste aos netos salvándote da prisión para
sempre!