
'A Revolução dos Camaleões' EDDY E. JIMÉNEZ PÉREZ (Campo das Letras. 2003)
En poucas ocasións temos a oportunidade de asistir a unha crítica ao socialismo soviético e dos países do Leste europeo, dende unha óptica fondamente socialista.
Eddy Jiménez, analista político cubano e secretario da embaixada cubana en Bulgaria dende o 1986, fai unha análise amena e acertada do que foi o solpor do socialismo dos países do Leste, centrándose en Romanía, Bulgaría, Albania, Polonía, a antiga Checoslovaquia e, en menor medida, na Unión Soviética. Os erros cometidos, en nome do socialismo, nestes países que pasaron, trala morte de Lenín, da ditadura do proletariado ao voluntarismo e á ditadura da burocracia, até chegar, coa Perestroika, á socialdemocracia e, finalmente, ao capitalismo neoliberal. Todo, dende unha perspectiva socialista e dende a experiencia propia do autor, como testemuña dos cambios revolucionarios en Cuba.
