'Eu servín ao rei de Inglaterra'. Bohumil Hrabal (Rinoceronte Editora. 2008)
Autor que xa nos sorprendera coa descrición da soidade inmensa en 'Unha soidade demasiado ruidosa'. Volve agora, cun relato no que se descrebe a historia de Checoslovaquia dende a ironía, mediante o fío conductor dun protagonista que madura segundo o transcorrer dos acontecementos. Unha madurez que acompañamos paso a paso, mediante detalladas mostras da personalidade cambiante dunha persoa que chega a cuestionarse até os seus máis ferreos principios, aqueles que o acompañaran até case o remate e que deita, finalmente, segundo vai afondando na súa formación como individuo.




